Introducción á Lei de Ferro do Cancro.
Descuberta polo Doutor Ryke Geerd Hamer, e verificada o 9 de nadal de 1988 na Universidade de Viena.

Ata o momento, a investigación médica sobre o cancro orientou a súa pescuda cara ó lugar de implantación do tumor: pulmón, fígado, seos, ósos, etc. O problema considerado era: ¿por que as células do organismo empezan bruscamente a proliferar de xeito anárquico? ¿Virus? ¿Axentes externos tales como tabaco, productos químicos na alimentación, etc.?.

O tratamento cinguíase a atopar novos medios para deter a proliferación celular: operacións, raios X, cobalto, quimioterapia...

O Doutor Hamer retoma o problema desde outra perspectiva. A partir da súa propia experiencia -tivo un cancro- e da dos enfermos ó seu cargo, constatou a traverso dos anos que sempre hai un síndrome ben determinado na orixe do cancro, e non tan só unha fatiga calquera. Precísase un poderoso detonante, un choque psíquico brutal que o doente sente como o meirande suceso da súa vida; un conflicto agudo e dramático, vivido no illamento psíquico. A este síndrome inicial, que el ten descuberto e verificado coidadosamente en cada un dos milleiros de casos examinados ata o presente (11.000 en 1988), deulle o nome de Síndrome Dirk Hamer (S.D.H.), retomando o nome do seu fillo Dirk cuxa tráxica morte en 1978 foi a orixe do seu propio cancro.

A experiencia destes milleiros de casos individuais, diagnosticados e tratados no transcurso dos derradeiros anos, conduciuno a debullar pouco a pouco as constantes, e a formular unha lei, que se verifica sempre de xeito preciso, a Lei de Ferro do Cancro, e que non ten sido endexamais rebatida.

Esta lei, da que o Síndrome Dirk Hamer é a peza clave, o eixe principal, enúnciase como segue:

  1. Todo cancro iníciase por un Síndrome Dirk Hamer, é dicir, por un choque extremadamente brutal, un conflicto agudo e dramático vivido no illamento, e percibido polo doente como o máis grave que xamais teña vivido.
  2. É o grao subxectivo do conflicto, o xeito no que o doente o experimentou no momento do Síndrome Dirk Hamer, o seu matiz, o que determina:
    1. O Foco de Hamer, é dicir, a zona específica do cerebro que baixo a influencia do choque psíquico, sofre unha ruptura de campo e dá as directrices anárquicas ás células do órgano dependentes desta zona.
    2. A localización do cancro no organismo.
  3. Hai unha correlación exacta entre a evolución do conflicto e a do cancro, no seu dobre nivel cerebral e orgánico.
Se o conflicto se complica con novos conflictos secundarios (por exemplo, a angustia de saber que se ten un cancro), unha nova zona do cerebro pode resultar afectada, e un novo tumor aparecerá no órgano correspondente (o que en medicina clásica se denomina metástase).

Unha vez que o conflicto desaparece, a zona cerebral afectada deixa de dar ordes anárquicas. Recomeza o seu traballo sobre o campo, tal como o realizaba anteriormente. As células cesan na súa anárquica proliferación. Detense o cancro.

Tras a suspensión do conflicto, a zona perturbada do cerebro tarda un certo tempo en recuperarse. Para sandar, rodéase dun edema intra e perifocal. Este edema é visible no escáner, o que ten permitido ó Doutor Hamer localizar con precisión qué zonas foran afectadas por cada tipo de conflicto, e que órganos correspondentes resultaban alcanzados.

Á final do conflicto, o cerebro ordena igualmente a rexeneración do órgano enfermo. O tumor repárase (edema peritumoral, ascites, derrame pleural, pericárdico), enquístase, modifícase en función da súa localización, sexa a través dunha contracción cicatricial (seos, abdome), sexa por reconstitución (recalcificación das lesións osteolíticas), sexa por expulsión (cavidade bucal, recto, vaxina, etc.).

A fase de reparación, de curación, dura exactamente o mesmo tempo que a fase de conflicto. Se durante esta fase se produce unha recaída do conflicto, a fase quedará prolongada. Este período de reparación transcorre con fatiga, dores e edemas; síntomas estes que poden suavizarse segundo a terapia preconizada polo Doutor Hamer.

Unha vez finalizada esta fase de curación, que se desenvolve sincronicamente a triple nivel psico-cerebro-orgánico, a tumefacción local debida á edematización cerebral desaparece e o noso organismo recupera a saúde.

Laboriosamente descuberta no transcurso dos anos a través do método empírico, a Lei de Ferro do Cancro permite hoxe en día abrir varias portas. En efecto, o Doutor Hamer puido constatar que a leucemia confórmase exactamente consonte esta lei: ten por orixe un grave conflicto de desvalorización de si mesma. En tanto non se trate dun traumatismo cerebral, ou dunha malformación conxénita, a crise epiléptica é, por así dicilo, unha oscilación brutal simpaticotónica a fin de frear unha edematización excesiva producida pola vagotonía.

O infarto de miocardio desencadéase sempre no transcurso da fase consecutiva á solución dun conflicto territorial, sempre que este conflicto tivese unha duración de polo menos dous ou tres meses.

Actualmente, existe xa un grande número de enfermidades que poden deducirse da Lei de Ferro: escleroses de placas, Parkinson, poliartrites, diabetes, eccema, asma, zóster, úlcera, depresión nerviosa, enfermidade mental, etc. Sempre hai un conflicto de matiz moi preciso tras cada unha destas enfermidades, e a curación é posible tras ceibarse do conflicto.


free-news.org